Miles de profesores gallegos salen a la calle contra los recortes de la Xunta

Publicado en por Ivonne Leites. - Atea y sublevada.

Miles de profesores de Infantil y Primaria de Galicia -15.000 según los sindicatos- se manifestaron ayer por el centro de Santiago de Compostela contra lo que consideran recortes de la Xunta.
Kaos. Galiza | Prensa | 10-9-2011

Coreando consignas como  enseñanza pública de calidad  o  conselleiro dimisión, miles de profesores de Infantil y Primaria de Galicia -15.000 según los sindicatos- se manifestaron ayer por el centro de Santiago de Compostela contra el  incremento del calendario lectivo, la reasignación de funciones del profesorado y lo que consideran "recortes"  de la Xunta.

Un grupo de gaiteros ha amenizado la marcha, dominada por una enorme tijera de cartón y dos cabezudos, uno que representaba al presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijoo, y otro al consejero de Educación, Jesús Vázquez, quien a mediados de agosto auguraba un inicio de curso "normal" en "prácticamente el cien por cien de los centros".

En la manifestación, convocada por los seis sindicatos que representan a los cerca de 32.000 docentes de la enseñanza pública gallega y suscrita por la oposición -PSOE y BNG-, han podido oírse las mismas consignas que en las  protestas de finales del curso pasado, en junio,  cuando Vázquez "rompió unilateralmente", según los sindicatos, el acuerdo al que había llegado el profesorado en 2007 y  decidió ampliar el horario lectivo en cuatro horas semanales.  Los representantes del profesorado consideran que esta medida pretende "reducir plantilla" y actuará en detrimento de la calidad de la enseñanza, puesto que los docentes dedicarán menos tiempo a preparar sus clases y otras actividades de los centros educativos.

Los maestros mantienen sus horas de trabajo semanales en 37,5 días. En 2007 llegaron a un acuerdo con el bipartito (BNG-PSOE) para reducir las horas lectivas de 25 a 21, con dos de guardia. Educación modificará estas condiciones y volverá a pasar a 25 horas, con el añadido de que contempla como horario lectivo el tiempo que pasa entre la llegada y la salida del transporte escolar y las clases.

El responsable de la CIG-Ensino, Anxo Louzao, ha señalado durante la protesta que los planes de la Xunta constituyen el "mayor atentado al servicio básico de la educación", puesto que en el curso 2011-2012, ha asegurado, va a haber 800 profesores menos en Primaria e Infantil.

Tras esta protesta, convocada por CIG, CC OO, UGT, ANPE, STEG y CSI-F, se realizará un parón simbólico de brazos caídos el día 20 y sendas jornadas de huelga los días 21 y 27 de septiembre.

 

 

Ver mas fotos de la manifestación en Santiago contra los recortes aqui

 

Multitudinaria manifestación en defensa do ensino público e contra o incremento do horario lectivo do profesorado

A CIG-Ensino manifesta que esta contundente resposta ás políticas da consellaría de Educación deberían facer reconsiderar ao conselleiro as súas políticas
Preto das 12:00 horas partía da Alameda compostelá a multitudinaria manifestación en defensa do ensino público e para exixir a retirada da Orde do 23 de xuño pola que a Consellaría de Educación impuxo unha ampliación do horario lectivo do profesorado de Infantil, Primaria e Secundaria e novas funcións. Unha mobilización que a CIG-Ensino valorou “moi positivamente”, porque “supón o respaldo á exixencia de que a consellaría cese na súa política de desprestixio do traballo e das funcións dos mestres”. Anxo Louzao enviou tamén unha mensaxe a todos os galegos e galegas que “deben saber que as medidas que se están adoptando contra o profesorado teñen repercusións negativas directas sobre o funcionamento do ensino público”.
11-09-09 mani Ensino 008

Neste sentido, dixo que isto suporá que este curso os centros de Infantil e Primaria teñan 800 profesores menos, que se eliminen máis de 3.000 postos escolares, desaparezan 156 unidades e que se pechen 14 escolas unitarias, mentres se amplían unidades no privado-concertado, “ao que se agasalla, ademais con máis de 200 millóns de euros”.

Medidas que, explicou, terán como consecuencia aulas máis masificadas, menos profesorado, o agrupamento nunha mesma aula de alumnado de distintos niveis educativos e idades, a imposibilidade de facer desdobres educativos, a desaparición dos apoios e reforzos educativos, a supresión de distintas dinamizacións e que a atención á diversidade e ás necesidades educativas especiais non estea atendida debidamente.

Por iso, concluíu que “este curso escolar vén amosar que estamos ante o ataque máis grave que sufriu o ensino público”  e asegurou que “o mellor servizo que o conselleiro podería facer á Educación é dimitir e, en todo caso, retirar xa as medidas impostas”.

De non ser así, o secretario nacional de CIG-Ensino advertiu que alén das convocatorias de folga xa previstas “seguiremos mobilizándonos até conseguir os obxectivos previstos”, porque “é un clamor unánime a exixencia de que se retire a imposición da ampliación do horario lectivo e a obriga de custodiar ao alumnado nas esperas do transportes escolar”.

Manifesto

A manifestación, na que participaron miles de persoas –máis de 15.000- rematou diante das dependencias da propia consellaría, en San Caetano, onde Adela Leiro, profesora do Salnés deu lectura ao manifesto conxunto no que se lembrou o acordo acadado en xuño de 2007 pola totalidade das organizacións sindicais integrantes da mesa sectorial e a administración. Acordo no que se recoñecía a “necesidade de reducir o horario lectivo do profesorado do corpo de Mestres de 25 a 21 horas lectivas, destinando estas catro horas ademais de á titoría cos pais e nais, á realización das dinamizacións da biblioteca, recursos TIC, convivencia escolar, mellora da calidade educativa e dinamización de programas internacionais”.

O profesorado denuncia que con este incremento do horario lectivo non se poderán realizar esas  actividades, nin moitas outras “o que irá en detrimento do ensino público, que non contará co abano de recursos que a actual xornada permite”, advertiron.

Con esta Orde introdúcense tamén modificacións significativas na carga lectiva e funcións e distribución horaria do profesorado de Secundaria “que ve como o seu horario lectivo pode pasar de 18 a 20 horas, como se incrementa a impartición de afíns e como desaparecen dos seus horarios as complementarias fixas, que até agora estaban destinadas ás titorías cos pais e ás reunións de departamento”.

Por iso denunciaron que todas estas medidas comportan “a redución dos cadros de persoal nos centros e o deterioro na calidade do ensino” e alertaron de que “a atención á diversidade verase resentida e destruirase emprego”.

A proposta unilateral da Consellaría de incrementar o horario lectivo, denuncian, “afonda no desprestixio da función docente, enviando unha mensaxe de descrédito do profesorado á sociedade, actitude, por outro lado, reiterada por esta Consellaría co seu conselleiro á fronte, que reiteradamente se vén negando a atender as demandas de máis profesorado nos centros, nomeadamente as substitucións do profesorado”.

Ataque á imaxe e á calidade do Ensino Público

Consideran que todo isto afecta á imaxe e calidade do Ensino Público. “Unha calidade na que repercute negativamente o mantemento dunha rateo de 25 alumnos por aula en Infantil e Primaria, e de 30 en Secundaria, cifras que nos lugares de maior poboación escolar son superadas porque non se computan os repetidores ou porque a inspección obriga a matricular máis alumnado”. A isto  engaden a imposición de agrupamentos de até 20 alumnos por aula se son do mesmo ciclo, e 17 se son de ciclo diferente.

Entenden que o motivo real que leva á Consellaría de Educación a impoñer esta proposta non é outro que continuar desmantelando o servizos públicos e reducir os cadros de persoal dos centros, co obxecto de avanzar na súa privatización. “Trátase dunha directriz que veu aplicando xa no presente curso ao deixar de realizar moitas das substitucións necesarias e recortando profesorado nos centros. Agora quere levalo máis alá, e incrementar o número de horas lectivas para reducir o número de profesores e profesoras necesarios”.

Lembran que ao profesorado xa se lle impuxeron varias medidas de “eficiencia” como a redución salarial en máis do 7% e a restrición do acceso a formación, a eliminación de diferentes modalidades de licenzas por estudo ou eliminación da matrícula gratuíta na universidade... entre outras.

Transporte escolar

Respecto do transporte escolar denunciaron que á obriga de desempeñar todo tipo de funcións e cometidos, engádeselle agora unha nova responsabilidade: a custodia do alumnado á chegada e saída do transporte. “O transporte segue a condicionar os horarios dos centros e agora tamén a xornada de traballo do profesorado. E mentres segue sen abordarse a problemática do transporte escolar”.

Seguirán mobilizándose

Ao remate do acto anunciaron tanto ao Presidente da Xunta como á Consellaría que continuarán mobilizándose “até conseguir parar esta agresión sen precedentes ao profesorado”. E adiantaron que se a Consellaría non reconsidera a súa postura e mantén a imposición do incremento do horario lectivo e a obriga de realizar outras funcións seguirémonos mobilizando, o vindeiro día 20 pararán todos os centros escolares de Infantil, Primaria e Secundaria de 10 a 10:30 e iremos á folga xeral no ensino, o 21 e o 27 de setembro.

Accede á galería

 


 

Comentar este post